A TVG emite esta tarde un documental sobre a figura de Isaac Díaz Pardo
EMMA SOLASANTIAGO. En 55 minutos un documental coproducido pola TVG e EAF dá conta dos feitos máis destacados da biografía de Isaac Díaz Pardo, un dos máis destacados personaxes vivos da Historia de
EMMA SOLA
SANTIAGO. En 55 minutos un documental coproducido pola TVG e EAF dá conta dos feitos máis destacados da biografía de Isaac Díaz Pardo, un dos máis destacados personaxes vivos da Historia de Galicia. Baixo a dirección de Xosé Abad e con guión de Carlos Vázquez, a cinta persuegue mostrar sen artificios o pensamento, a opinión e os sentimentos do intelectual sobre o seu tempo, o seu mundo e o seu país.
Con 87 anos cumpridos, Díaz Pardo, fundador, promotor e primeiro traballador de Sargadelos, Edicións do Castro e o Instituto Galego de Formación mantén a toda a lucidez e ofrece unhas verbas admirablemente comprometidas e libres sobre temas coma a emigración e a inmigración, a economía ou a Guerra de Irak. Un capítulo destacado neste repaso pola súa traxectoria son as súas lembranzas da República e a Guerra Civil.
Segundo os responsables da cinta, o formato permite achegar a figura de Isaac Díaz Pardo e os grandes referentes da Historia de Galicia de xeito amable e próximo a todos os públicos, apoiándose nos sentimentos, a ironía e o sentido do humor. O obxectivo é profundizar nos acontecementos que estamos a vivir hoxe no mundo e os que viviu a súa xeración. Participa neste percorrido unha pequena parte, pero ben significativa, dos amigos deste persoeiro principal das artes, a política e a cultura galega do século XX.
Esta funcionalidad es sólo para suscriptores
Suscribete
Esta funcionalidad es sólo para suscriptores
Suscribete