Suscríbete a
ABC Premium

O Marco de Vigo amosa trinta modos distintos de entender o espacio urbán

A selección de artistas non se fixo mediante convocatoria pública, senón traballando con referencias previas e buscando propostas en facultades de Belas Artes

A. P.

VIGO. O Marco de Vigo abreu ás portas de par en par para acoller a exposición «Urbanistas», que ofrece trinta maneiras diferentes de entender o espacio urbán, segundo os mozos creadores galegos, todos eles nados a partires de 1970. Nesta mostra, producida íntegramente polo Museo de Vigo, poden verse esculturas, instalacións, pinturas, murais, graffitis, vídeos, fotografías e debuxos, a maior parte de deseño específico para a ocasión.

Paralelamente a esta colección, no espacio anexo, está o «Vídeo Urbanitas», que recompila unha escolla de pezas vídeo gráficas dalgúns dos creadores participantes. «Urbanitas» e «Vídeo Urbanitas» poden visitarse ata o vindeiro 28 de maio, e hai percorridos guiados tódolos días ás 18.00 horas. «Urbanitas» vai da man dun programa de actividades paralelas, como a celebración de concertos, performances ou actuacións dos participantes, así coma de artistas invitados.

Os artistas que participan na exposición son Mónica Alonso, Oliver Añón, Servando Barreiro, Vicente Blanco, Antón Cabaleiro, Maribel Castro, Isaac Cordal, El Tiñas, Suso Fandiño, Félix Fernández, Arturo Fuentes, Amaya González Reyes, Kiko, e Pancho Lapeña. Tamén expoñen as súas pezas Chiu Longina, Carlos Maciá, Loreto Martínez Troncoso, Fran Meana, Berio Molina, Antía Moure, Nano 4814, Alvaro Negro, Carme Nogueira, Pablo Orza, Pelucas, Pablo Pérez, Jorge Perianes, Rubén Ramos Balsa, Rubén Santiago e Tay.

Esta funcionalidad es sólo para suscriptores

Suscribete
Comentarios
0
Comparte esta noticia por correo electrónico

*Campos obligatorios

Algunos campos contienen errores

Tu mensaje se ha enviado con éxito

Reporta un error en esta noticia

*Campos obligatorios

Algunos campos contienen errores

Tu mensaje se ha enviado con éxito

Muchas gracias por tu participación