Suscríbete a
ABC Premium

Un traballo de Quessada preséntase nunha edición de luxo

ABC

SANTIAGO. O primeiro libro presentado onte na Feira de A Coruña, momentos despois de que o escritor e actor Lino Braxe fixera o pregrón, foi o titulado «Quessada. Arte e Liberdade», un magnífico exemplar en dous volumes que acadou o Premio Nacional ó mellor Libro de Arte do Ministerio de Cultura. Nel, a máis dun 80 por cento de páxinas dedicadas a reprodución das obras do pintor ourensán, figuran os textos do historiador José Gómez Alén e multitude de datos sobre os 50 anos de vida artística deste xenial creador.

Todo presentado con grande luxo a cargo de Nova Galicia Edicións que dirixe Carlos del Pulgar e que non escatimou recursos para que saíran os dous volumes, que suman un total de 600 páxinas, en papel fotográfico, impresión de cores perfecta, tapas de tea de liño e un estoxo tamén forrado do mesmo material. Afirmou o editor que «quixemos demostrar que se podía facer un importante libro de arte en Galicia con todos os elementos galegos, dende o protagonista, ata a impresión, edición e distribución».

Esta funcionalidad es sólo para suscriptores

Suscribete
Comentarios
0
Comparte esta noticia por correo electrónico

*Campos obligatorios

Algunos campos contienen errores

Tu mensaje se ha enviado con éxito

Reporta un error en esta noticia

*Campos obligatorios

Algunos campos contienen errores

Tu mensaje se ha enviado con éxito

Muchas gracias por tu participación