Suscríbete
Pásate a Premium

A familia dos Bolechas celebrará o Entroido cos máis pequenos na TVG

As míticas personaxes, creadas no ano 2000 por Pepe Carreiro, comezan unha nova etapa na canle públicaEstrean perfil en Facebook, Twitter e Tuenti

ABC

SANTIAGO

A comezos do ano 2000, o lapis do debuxante Pepe Carreiro dáballe vida aos Bolechas. Unha peculiar familia galega integrada por seis irmáns e o seu cadelo, Chispa, que cos anos se convertíu nun auténtico fenómeno cultural entre os máis pequenos. Agora, e con motivo da celebración das festas do Entroido, estes pequenos dan o salto á televisión para acompañar aos rapaces galegos dende o próximo luns 20 ata o mércores 23. O programa, de case media hora de duración, emitirase a partires das 11.30 horas. Presentada por Sonia Méndez, contará con diversas seccións entre as que destaca un karaoke, un espazo destinado a aprender cousas novas —como limpar ben os dentes— e mesmo asistirán a unha clase de inglés.

Os disfraces tamén ocuparán boa parte da grella da TVG ocupada polos Bolechos nestas mañás, aínda que cun obxectivo claro: atopar os chourizos desaparecidos para completar o cocido do Entroido que están a preparar seus pais. Para elo contarán coa axuda do seu amigo Carlos, das xemelgas Loli e Pili, de Braulio e Sonia e incluso de Tatá.

Nova etapa, nova web

Con este ciclo de programa, os Bolechas inician unha nova andaina na canle galega dirixida á lexión de seguidores que se sumaron a este fenómeno na última década. Así, e tras máis de 250 títulos ás súas costas, os Bolechas estrean perfís nas principais redes sociais (Facebook, Twitter e Tuenti) para que os seus fieis poidan seguir as súas aventuras. Asemade, presentan unha nova páxina web (www.osbolechas.com) dende a que os máis cativos poderán darse de alta de balde no club Xabarín e onde ademáis poderán atopar xogos, novas , libros interactivos e diversas actividades. Entre elas, ademáis, os nenos poderán visitar unha granxa de animais domésticos, cantar e estar en contacto cos seus personaxes favoritos. Dende a canle galega, promotora da idea, anuncian novas sorpresas que incluirán concursos, promocións e espectáculos.

Esta funcionalidad es sólo para suscriptores

Suscribete
Comentarios
0
Comparte esta noticia por correo electrónico

*Campos obligatorios

Algunos campos contienen errores

Tu mensaje se ha enviado con éxito

Reporta un error en esta noticia

*Campos obligatorios

Algunos campos contienen errores

Tu mensaje se ha enviado con éxito

Muchas gracias por tu participación