libros
Da teoría á práctica
Tom McCarthy publica C , unha novela que mestura o modernismo literario coa filosofía posmoderna
Eis un libro que non se topa tódolos días: unha novela que mestura o modernismo literario coa filosofía posmoderna, e que amais resulta unha obra entretida e divertente de ler. O seu autor é o londinense Tom McCarthy, estudante de Inglés en Oxford naqueles anos en que a teoría literaria causaba furores e conseguía escapar dos reducidos espazos do mundo académico.
C segue o ronsel de obras como Remainder (2005), a súa primeira novela. Fondamente embebido da linguaxe do post-humanismo, o autor crea en C unha antinovela ao xeito das dos 60 que amosa a súa fundamental hostilidade cara a noción de «carácter» e que dramatiza (e codifica) un conxunto de ideas arredor da subxectividade. Mais detrás da teoría temos unha ficción histórica, por veces chispeante no seu uso da linguaxe e das ideas, e por veces estraña e desacougante, e que xira arredor das primeiras décadas da transmisión radiofónica.
O seu protagonista é Serge Carregax, nado en 1898, nunha mansión inglesa. Serge e a súa irmá maior, Sophie, medran nun mundo redoado de transmisores e insectos: Serge consegue un bicho sen cables, mentres que Sophie desenrola un interese pola historia natural. Segundo pasa o tempo, Sophie vive a súa iniciación na sexualidade adulta e comeza a transferir mensaxes crípticas. Co comezo da primeira guerra mundial no horizonte, engule un vaso cheo de cianuro. A morte e o enterro de Sophie caen pesadamente sobre a subseguinte carreira de Sege dunha maneira que resulta moi afastada do convencionalmente novelesco. Malia que o manda a unha cidade-balneario do centro de Europa para ser tratado da «bile negra». Do mesmo xeito que o narrador de Remainder, o protagonista proxéctasenos coma un home universal e neutro, cunha atitude sorprendente e ambigua cara as grandes palabras e declaracións.
É esta densidade e escala cercana á de James Joyce a que nos resulta realmente impresionante na novela que nos ocupa, e que ao mesmo tempo fai boa compaña coa habilidade de McCarthy de mesturar de xeito críbel nunha narración ben artellada, co nalgúns momentos, sí, de certo aburrimento, mais tamén de humor e de beleza desacougante.
Esta funcionalidad es sólo para suscriptores
Suscribete
Esta funcionalidad es sólo para suscriptores
Suscribete