Hazte premium Hazte premium

Unha mostra recorda o libro O Principiño

O Museo Pedagóxico recopila cen edicións do lexendario texto de Saint-Exupéry

A. RODRÍGUEZ

A inmortal obra de Antoine de Saint-Exupéry, O Principiño , protagonizará durante o próximo mes unha exposición promovida polo Museo Pedagóxico de Galicia (MUPEGA) titulada «O Principiño arredor do mundo». Con este proxecto, os organizadores recopilaron numerosas edicións da obra de Saint-Exupéry, un texto traducido a linguas de todo o mundo.

Organizada pola Fundación Carlos Casares, esta exposición está composta por un centenar de volumes correspondentes a publicacións que se retrotraen ata a primeira edición de 1943, cun exemplar que provén da colección particular do escritor galego Carlos Casares. A mostra tamén contén varios paneis ilustrados que aportan explicacións contextualizadoras da obra e tamén da relación que Casares tiña co texto francés. Así, o interese do escritor ourensán pola obra O Principiño parte da época na que traballaba na súa tradución ao galego, entre 1969 e 1972, data na que se publicou a primeira edición en lingua galega. Para isto recorreu ao orixinal francés e a traducións a outras linguas romances, como o castelán, o catalán ou o italiano, entre outras. Casares foi xuntando máis volumes ao longo dos anos, recompilados nas súas viaxes, agasallados polos seus amigos ou, xa nos últimos anos da súa vida, mercados a través de internet.

Os volumes que se expoñen nesta mostra están clasificados por linguas dentro de cadansúa familia lingüística. Así pois, pódense atopar edicións de distintas linguas e nos máis variados alfabetos do mundo (desde o occidental ata os do Extremo Oriente). A meirande parte destas obras seguen as directrices de publicación ortodoxos para esta obra, se ben algúns volumes teñen peculiaridades de grande interese no tocante á súa edición dentro do conxunto da colección.

Metáfora da rosa

Como novidade, a exposición inclúe algúns elementos ao redor da figura de O Principiño , como postais ou un libro confeccionado con papiro (procedentes de La Habana), a banda deseñada «El último vuelo», un libro sobre Consuelo, a muller de Saint-Exupéry —que resulta ser a metáfora da rosa na historia desta obra— ou unha libreta manuscrita de Carlos Casares cunha tradución de parte de O Principiño , datada en Euskadi no ano 1970. A mostra pódese visitar no primeiro andar do Museo Pedagóxico de Galicia, dentro dos horarios habituais durante os meses de abril e maio.

Esta funcionalidad es sólo para suscriptores

Suscribete
Comentarios
0
Comparte esta noticia por correo electrónico

*Campos obligatorios

Algunos campos contienen errores

Tu mensaje se ha enviado con éxito

Reporta un error en esta noticia

*Campos obligatorios

Algunos campos contienen errores

Tu mensaje se ha enviado con éxito

Muchas gracias por tu participación