Suscríbete a
ABC Premium

Mayán Fernández amplía os fondos do Museo Pedagóxico de Galicia

B. C.SANTIAGO. O Museo Pedagóxico de Galicia (Mupega) amplía os seus fondos grazas á doazón de diversosmateriais escolares da propiedade de Francisco Mayán Fernández, académico da Real Academia da

B. C.

SANTIAGO. O Museo Pedagóxico de Galicia (Mupega) amplía os seus fondos grazas á doazón de diversos

materiais escolares da propiedade de Francisco Mayán Fernández, académico da Real Academia da Historia e da Real Academia Galega. Mayán, que tamén é catedrático xubilado de Xeografía e Historia e antigo director do Instituto de Educación Secundaria San Rosendo de Mondoñedo, contribúe deste xeito ao arrequecemento dos fondos patrimoniais deste centro cultural, que na actualidade conta cunha cantidade de pezas superior ás 45.000 unidades.

Francisco Mayán que vén colaborando co Museo Pedagóxico de Galicia a través de múltiples doazóns de materiais relacionados co mundo do ensino e da infancia, compendio que foi xuntando durante a súa longa carreira profesional. Entre os fondos da entidade cultural, aportados polo académico, atópase unha gravación audiovisual en soporte dixital sobre a traxectoria do propio doador, así como un testemuño en primeira persoa de arredor de 27 horas de audio no que explica polo miúdo a súa experiencia académica.

Mayán, que percorreu as depencias do museo e as áreas de catalogación, documentación e investigación ó tempo que facía a súa concesión altruísta, foi acompañado nesta intensa visita por Vicente Peña Saavedra, coordinador do centro.

Os fondos do Museo Pedagóxico de Galicia están compostos de máis de 45.000 pezas, que son catalogadas e expostas nas instalacións do Mupega e utilizadas para a investigación. Estes materiais proveñen das escolas primarias públicas e de particulares, e conteñen desde mobles, libros e materiais didácticos a fotografías das escolas unitarias. O número de doantes particulares que colaboran co centro museístico incrementouse de xeito progresivo dende a creación do museo.

O Museo Pedagóxico de Galicia creouse por decreto no ano 2000 e inaugurouse en 2004, co ánimo de retomar a fundación no ano 1926 dun centro museístico a nivel galego especializado en educación. Os seus obxectivos son os de recuperar, salvagardar, estudar, mostrar e difundir todas aquelas expresións educativas que poñan de manifesto a variedade do patrimonio pedagóxico de Galicia, posibilitando a súa catalogación, sistematización e custodia.

Esta funcionalidad es sólo para suscriptores

Suscribete
Comentarios
0
Comparte esta noticia por correo electrónico

*Campos obligatorios

Algunos campos contienen errores

Tu mensaje se ha enviado con éxito

Reporta un error en esta noticia

*Campos obligatorios

Algunos campos contienen errores

Tu mensaje se ha enviado con éxito

Muchas gracias por tu participación