Hazte premium Hazte premium

Cristina Ónega e Rosa Quintana, donas do Albariño deste ano

Bieito Rubido, director de ABC, exercerá de pregoeiro nunha edición marcada pola ausencia de Fraga

R. S.

CAMBADOS (PONTEVEDRA)

O alcalde de Cambados, Luis Aragunde, deu a coñecer os nomes das novas donas e dos novos cabaleiros do Albariño, que serán investidos no acto solemne do Capítulo Serenísimo que terá lugar no patio de armas do pazo de Fefiñáns o primeiro domingo de agosto, día 7. A xornalista de TVE Cristina Ónega e a conselleira do Mar, Rosa Quintana, serán as novas donas do Capítulo, mentres que as capas de cabaleiro recaerán sobre Mariano Peláez Lomana, da adega Torre de la Moreira; Melquiades Álvarez, restaurador, Javier Guerra, conselleiro de Industria, e Bieito Rubido, director do diario ABC, que exercerá tamén como pregoeiro da 59 edición da Festa do Albariño.

A actual miss España, Paula Guilló, será a presentadora do acto de proclamación no que faltará o ex presidente da Xunta Manuel Fraga, por vez primeira dende a década dos anos 80, que será sustituído polo seu predecesor, Alberto Núñez Feijóo.

Albariñenses de Honra

Asociación Galega de Sumilleres de Galicia (Agasu), Asociación Sumilleres Gallaecia e Confraría dos Gastronomos do Algarve (esta irmanaráse co Capítulo Serenísimo do Albariño o vindeiro sábado, 6 de agosto).

Follas de Prata

Alberto Barral, técnico de campo de Condes de Albarei. Miguel Tubío, técnico de campo de Martín Códax, Xavier Castro, profesor da facultade de Historia da USC, autor do libro «A Rosa do Viño», Luis Ordóñez, docente do colexio Salesianos de Castrelo, Tomás Fole, alcalde de Vilagarcía, Juan Maneiro, director xeral da consellería do Mar, Nava Castro, directora xeral de Comercio, e o restaurante Ribadomar, de Cambados.

Xóvenes Albariñenses

Diego García Santiago, adegas Cooperativa Vitivinícola Arousana, Sergio Alén, adega Viña Nora (O Condado), e Rosa María Míguez Fernández, encargada do viñedo adegas Terras Gauda (O Rosal).

Túnel do Viño

O presidente do Consello Regulador, José Ramón Meiriño, anunciou que no novidoso Tunel do Viño que se vai celebrar no salón de congresos José Peña participarán 58 bodegas e 106 marcas de albariño. No recinto feiral do paseo da Calzada instalanse 42 casetas para representar un total de 44 adegas, mentres que na cata-concurso dos viños inscribíronse 61 adegas da denominación de orixe Rías Baixas, sete máis que o ano anterior.

A carpa gastronómica que se sitúa en paralelo coas casetas do viño no mesmo paseo, foi adxudicada á Pulpería Aurora, de O Carballiño, por un importe de 30.500 euros. Permenecerá instalada na Calzada durante trece días.

Expo Asorey

O Pazo de Torrado vai acoller dende o luns, día 1 de agosto, un dos acontecementos da cultura galega deste verán: a magna exposición Francisco Asorey, na que estarán algunhas das principais obras do magnífico escultor cambadés. A próxima semana tamén se prevé inaugurar a mostra Cunqueiro e o Albariño, homenaxe ao gran escritor mindoniense cunha ampla obra literaria de reconocido prestixio.

Concertos musicais

Os puntos fortes do programa musical deste ano van ser as actuacións de Dover, que é un dos grupos máis potentes do pop español, Muchachito Bombo Infierno, que monta uns concertos espectaculares, e a Gala do Albariño, con David de María e Danza Invisible, que se manteñen na primeira línea.

O programa refórzase coa inclusión de Moon Cresta, Costa Oeste, Los Chavales, Isi Vaamonde, The Clams ou Miguel Costas. A semana grande remata, o 7 de agosto, co espectáculo Payasalondia, unha gozada para os máis pequenos.

Esta funcionalidad es sólo para suscriptores

Suscribete
Comentarios
0
Comparte esta noticia por correo electrónico

*Campos obligatorios

Algunos campos contienen errores

Tu mensaje se ha enviado con éxito

Reporta un error en esta noticia

*Campos obligatorios

Algunos campos contienen errores

Tu mensaje se ha enviado con éxito

Muchas gracias por tu participación